Exposición ‘Grafismos da pandemia’

17 Dec, 2020

Grafismos da pandemia é a primeira mostra totalmente en liña que ofrece a plataforma Coruña Gráfica; unha galería virtual que recolle medio centenar de obras de 24 artistas de diferentes disciplinas, repartidas en obra gráfica e animación audiovisual. Todas elas xiran arredor da Covid-19, un testemuño gráfico da pandemia en que cada artista expresa con liberdade diferentes aspectos desta con distintos tons que van desde a poesía visual ata o humor gráfico.

Pode accederse á exposición na sección «Galería» desta web, ou directamente a través desta ligazón. 

Os autores e autoras presentes na mostra son: Algarabía AnimaciónCarlos ArrojoUxío BroullónJulio César Cerletti, Manel CráneoDavid Fidalgo OmilHéctor FranceschPablo GalloAlberto GuitiánSanty GutiérrezUxía LarrosaQuique LópezPepe MansillaPaula MayorJorge PeralRodouyeha (Carlos Rodil)David SaboridoIrene SanjuánLuis SendónCalros SilvarRoberto M. SolerLeo Sousa e Inés Vázquez.