«100 anos da bandeira galega» en Carballo

11 Mar, 2022

Prosegue a itinerancia da mostra «1921-2021. 100 anos da bandeira galega no Palacio Municipal da Coruña». Desde onte e ata o 10 de abril está exposta no Pazo da Cultura de Carballo, despois das súas estadías en Sada, Santiago de Compostela e Ribeira.

«100 anos da bandeira galega» en Ribeira

12 Feb, 2022

Continúa a itinerancia da mostra «1921-2021. 100 anos da bandeira galega no Palacio Municipal da Coruña». Despois da súa estadía en Sada e en Santiago de Compostela, desde onte está exposta no Centro Cultural Lustres Rivas, e alí poderá visitarse ata o 8 de marzo de 2022.

Vídeo sobre a mostra ‘A miña revista favorita’

26 Xan, 2022

Está xa dispoñible o vídeo sobre a exposición A miña revista favorita, que se puido visitar na Casa Museo Picasso da Coruña entre outubro e decembro do ano pasado. No vídeo, ademais de poder verse imaxes da exposición e todas e cada unha das portadas expostas, varios dos autores comentan por que escolleron a revista que elixiron para facer a súa homenaxe.

Tags: banda deseñada, ilustración, historia da BD

«100 anos da bandeira galega» en Santiago de Compostela

13 Xan, 2022

Despois do seu paso por Sada, xa se pode visitar a exposición «1921-2021. 100 anos da bandeira galega no Palacio Municipal da Coruña» en Santiago de Compostela. Estará ata o 10 de febreiro de 2022 na Casa das Asociacións, antiga estación de Cornes (rúa de Manuel Beiras, 3, 15706 Santiago de Compostela).

Exposición ‘Olladas da animación coruñesa’

14 Dec, 2021

O vindeiro xoves, 16 de decembro, ás 19.30, inaugúrase a mostra Olladas da animación coruñesa, producida por Coruña Gráfica en colaboración co Festival Animacción. Trátase dunha escolma de traballos do panorama autoral dedicado ao cinema de animación no ámbito coruñés. A selección inclúe diversos traballos de dirección artística realizados para diferentes tipos de producións, que van desde os videoclips ata as longametraxes, pasando polos videoxogos e as apps.

Tags: ilustración, ilustración coruñesa, animación, animación coruñesa

Exposición ‘100 anos da bandeira galega no Palacio municipal da Coruña’ en Sada

10 Dec, 2021

Desde hoxe ata o vindeiro 10 de xaneiro de 2022, pode visitarse na Casa da Cultura de Sada a mostra 1921-2021. 100 anos da bandeira galega no Palacio Municipal da Coruña, composta por dúas bandas deseñadas de recreación histórica e mais 18 ilustracións relativas a esta efeméride, todas elas realizadas ex profeso por autores coruñeses ou directamente relacionados coa cidade. A exposición, que se puido visitar este verán no Palacio municipal, impulsada polo Concello da Coruña, comeza agora unha itinerancia por diversos concellos da provincia, grazas ao apoio da Deputación da Coruña.

Tags: ilustración, ilustración coruñesa, banda deseñada

Actividades complementarias da exposición ‘A miña revista favorita’

22 Nov, 2021

Como complemento á exposición A miña revista favorita, que pode visitarse ata o próximo 14 de decembro na Casa Museo Picasso (rúa Payo Gómez 14, 15004 A Coruña) dentro do programa Coruña Gráfica, desenvolveranse dúas actividades relacionadas: o xoves 25 de novembro, ás 18.30, unha revisión de cartafoles destinada a ilustradores e estudantes de ilustración, a cargo do editor e ilustrador Manel Cráneo; e o sábado 27, ás 12.30, un faladoiro sobre o pasado, o presente e o futuro das revistas de BD.

Exposición ‘A miña revista favorita’

13 Out, 2021

A exposición reúne trinta dos máis importantes autores e autoras da BD española en homenaxe ás revistas de cómic históricas, desde o TBO ata El Jueves, pasando por Chicos, Tío Vivo, Tótem, 1984 ou Creepy. Cada un deles fai unha homenaxe ilustrada a revistas de cómic que foron dalgunha forma influentes no medio, e tamén, dalgún xeito, neles mesmos. A mostra acompáñase de exemplares físicos desas revistas cun breve texto contextualizador.

Tags: banda deseñada, ilustración, historia da BD

Actividades da exposición «BANG! 1940-2020»

13 Set, 2021

Como complemento da exposición BANG! 1940-2020. Evolución do cómic western, ofrécense varias actividades paralelas: unha visita guiada á exposición, a cargo de Ton Pedraz; un faladoiro sobre a temática da mostra, e mais unha conferencia sobre «Historia do cómic western» a cargo do escritor, xornalista e guionista Manuel López Poy.

«Bang! 1940-2020. Evolución do cómic western»

28 Xul, 2021

A exposición BANG! 1940-2020. Evolución do cómic western reúne unha escolma de máis dun centenar de publicacións do coleccionista coruñés Ton Pedraz. Amosa un percorrido de oitenta anos de evolución deste xénero, con exemplares de historias autoconclusivas e tamén de coleccións de series clásicas como Tex, Blueberry, McCoy, Ken Parker, Durango, El Llanero Solitario etcétera. Con elas, o western pasou de ser producido nas súas primeiras décadas por axencias editoriais, que en moitas ocasións usaban autores anónimos, ata acabar por se converter nun xénero reivindicador de nomes propios, con autores de primeira magnitude que elaboraron nel obras de gran calado. Esta exposición pode verse na Casa Museo Picasso desde o 26 de xullo ata o 20 de setembro de 2021. 

Tags: banda deseñada