PABLO GALLO
«O que máis me motiva no meu traballo é concentrarme no debuxo ata desaparecer.»
«Lobishome», Bestiario del norte, La Felguera Editores, 2020
Ilustración para o libro Constelaciones familiares, de Ana Llurba (Aristas Martínez, 2020)

É autor dos libros Bestiario del norte (La Felguera Editores, 2020), Siete días en las siete calles (El Gallo de Oro, 2018), Libro de las invocaciones (Reino de Cordelia, 2017), Manual de ruleta rusa (Aristas Martínez, 2015) e Hiperhíbridos (El Gaviero, 2011), e da antoloxía El libro del voyeur (Ediciones del Viento, 2010). Recibiu diversos premios polas súas pinturas e vén desenvolvendo un continuo labor expositivo desde 1995. No campo da ilustración realizou portadas de libros para editoriais como Anagrama, Seix Barral, Espasa, Destino, Algaida, Salto de Página, Gallo Nero, Hurtado & Ortega, El Gallo de Oro ou Sloper.

Obras destacadas

  • Bestiario del norte (ilustracións), La Felguera Editores, 2020
  • The History of Love (ilustración de portada), Munhakdongne (Corea do Sur), 2020
  • Piel de plata (ilustración de portada), Seix Barral, 2019
  • «The Art of Reading» (ilustración de portada), The Rotarian Magazine (EUA), 2018
  • Manual de ruleta rusa (ilustracións), Aristas Martínez, 2015
  • Política de hechos consumados (ilustracións), Limbo Starr, 2009

Premios

  • 2.º Premio, Certamen Audiovisual «Dame un minuto de agua», Unesco Etxea, Bilbao, 2011
  • Finalista Festival Filmo, Festival Internacional de Cine de Gijón, 2010
  • Premio Adquisición, Certamen de Pintura Fundación María José Jove, A Coruña, 2008
  • 2.º premio, Certamen de Pintura Fundación Carriegos, León, 2006
  • 2.º premio, VI Certamen de Pintura Goya, Bilbao, 2005