«Un bo traballo de ilustración: boa idea máis boa realización multiplicado por entusiasmo e dividido por bos ingresos.»
Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Fai ilustración para carteis, portadas, produto, libros e publicidade. Colaborador nas revistas de humor Mongolia, El Jueves, Mister K, Retranca e O Botafumeiro, tamén realiza fondos e storyboards de animación. Ten impartido máis de 50 obradoiros e clases maxistrais de BD e ilustración en Galicia e Cataluña. Foi coordinador da Guía Ninja do ilustrador da AGPI. Ten publicado os volumes monográficos de BD e ilustración Fito & Pita (Retranca, 2009), Petaco (Diábolo, 2010; edición en francés en 2013),·El Circo Lorza (Dibbuks, 2011) e Solo tinta (Polaqia, 2012).