«A ilustración fornece unha visión diferente, singular, anovada, clarificadora, instrutiva... da realidade.»
Licenciado en Belas Artes. Desenvolveu labores de ilustrador editorial, caricaturista e humorista gráfico entre 1978 e 2000. Foi deseñador de produto nas Cerámicas do Castro, do Grupo Sargadelos, entre 1980 e 2010, e ilustrador en Baía Edicións desde 2004 ata 2013. Actualmente é ilustrador independente, e imparte cursos de ilustración da natureza no CEIDA de Santa Cruz (Oleiros).