Grafismos da pandemia é a primeira mostra totalmente en liña que ofrece a plataforma Coruña Gráfica; unha galería virtual que recolle medio centenar de obras de 24 artistas de diferentes disciplinas, repartidas en obra gráfica e animación audiovisual. Todas elas xiran arredor da Covid-19, un testemuño gráfico da pandemia en que cada artista expresa con liberdade diferentes aspectos desta con distintos tons que van desde a poesía visual ata o humor gráfico.