Manuel Cráneo © Alberte Peiteavel
«A liberdade que me dan un lapis e un papel en branco non a atopo noutras cousas.»
Cartel das festas de San Xoán, Concello da Coruña, 2019
Roböts homologados, serie «Planeta Mincha», inédita, 2015

Como autor de cómic e ilustrador, ten colaborado en numerosas publicacións e volumes colectivos. Como ilustrador ten traballado para editoras como Richmond Publishing, Usborne, Santillana, Galaxia, Xerais, Porto Editora, Edelvives ou Everest, e para produtoras como Continental, Portozás Visión e Mondotropo. Colaborou con numerosas axencias de publicidade e foi director artístico da campaña de etiquetas do 110 aniversario de Estrella Galicia. Publica a sección «Planeta Mincha» no suplemento semanal de pasatempos Elemental (La Voz de Galicia). Foi presidente de AGPI e vicepresidente de FADIP.

Obras destacadas

  • Corona-bios (humor gráfico), Demo Editorial, 2020
  • Destino Hërgüss (cómic), Demo Editorial, 2015
  • A fraga Milmañas (cómic), Demo Editorial, 2013
  • Cousas de mortos (cómic), Demo Editorial, 2012
  • Os lobos de Moeche (cómic), Demo Editorial, 2009-2015
  • Dámsmitt (cómic), Dibbuks, 2006

Premios

  • Axudas para a creación de banda deseñada, Xunta de Galicia, 2010
  • Seleccionado na Bienal de Bratislava, 2005
  • Premio Concurso de Cómic San Andrés de Rabanedo, León, 2004
  • Premio Nacional de Cómic sobre Federico García Lorca, Granada, 1998