Roberto M. Soler © Alberte Peiteavel
«Cada vertente da ilustración supón as súas propias recompensas particulares e diferenciadas.»
Cruel y Estúpido n.º 5, autoedición, 2017
Cruel y Estúpido n.º 7, autoedición, 2020

Cursou os estudos de Ilustración na Escola de Artes Pablo Picasso da Coruña. Entre os traballos relacionados co mundo da ilustración que foi realizando están encargos de caricaturas e ilustracións para clientes particulares, participación en exposicións colectivas, realización de cubertas para discos, ilustración de viñetas para campañas, debuxos publicitarios para tendas e logotipos de negocios, e proxectos de cómic autoeditado. Desde o ano 2014 forma parte do colectivo de ilustradores Miñoco.

Obras destacadas

  • Ilustración para cartel de conferencia de Jocelyn Bell no XXIV Congreso Estatal de Astronomía, Agrupación Astronómica Ío, 2020
  • Cruel y Estúpido (cómic), autoeditado, 2013-2020
  • Nai dos Desterrados n.º 2 (cómic), Amnistía Internacional Coruña, 2018
  • Cartel do Punto de encontro para a mocidade, Concello da Coruña, 2018
  • Viñetas publicitarias para Metrópolis Cómics, 2014

Premios

  • 2.º premio, VII Certame de Cómic de Cangas, 2005