«É clave ofrecer un enfoque personal, comunicando con claridade e enriquecendo o soporte.»
Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Traballa como ilustrador freelance, tanto no campo editorial como no publicitario, para unha gran variedade de clientes nacionais e internacionais, como Pentagram, Monocle, Stanford Business, Biotherm, Perrier, Nestlé, Banco Santander, Paradores de Turismo, Comunidad de Madrid ou Edelvives. O seu traballo ten sido recoñecido con diversos premios, como o Injuve de Ilustración.