PAULA MAYOR © Alberte Peiteavel
«A ilustración ten cada vez máis importancia no mundo da comunicación pero non sempre se recoñece o traballo que leva detrás.»
Rosalía, campaña para a Deputación da Coruña, 2016
Libro Conta nove estrelas, Edicións Xerais, 2019

Realizou estudos de informática e fixo prácticas nunha axencia de animación; compaxinou o deseño gráfico coa ilustración. Despois de recibir varios premios (ilustración, deseño gráfico e cómic), introduciuse tamén no campo do deseño téxtil e editorial. Ten traballado en moitos e diferentes ámbitos da ilustración, como libros infantís e xuvenís, portadas ou carteis para organismos oficiais. Ten participado en diversas exposicións colectivas.

Obras destacadas

  • Coloreando Pontevedra (ilustracións), Hércules, 2020
  • Coloreando a provincia de Lugo (ilustracións), Hércules, 2020
  • Mi rubia dorada (Doctor Snob) (disco: ilustracións), 2020
  • «Padrón literario» (campaña: ilustracións), Xunta de Galicia, 2019
  • Conta nove estrelas (ilustracións), Xerais. 2019
  • «Venres nas librarías» (campaña: ilustración), Xunta de Galicia, 2015

Premios

  • Premio de Ilustración Hércules, Hércules de Ediciones, 2012
  • 1.º premio, VII Concurso de Cómic Refugiados y Libertades, 2012
  • 3.º premio, II Concurso Artistas por la Paz, Albacete, 2010
  • 1.º premio, XII Concurso de Cómic Dos Hermanas, 2006
  • 2.º premio IX Concurso de Cómic de Igualada, 2004