MIGUELANXO PRADO © Alberte Peiteavel
«Cando se queira estudar o debuxo da nosa época, haberá que facelo a través dos autroes de cómic e dos ilustradores.»
Ardalén, Normal Editorial, 2012
Ardalén, Normal Editorial, 2012

Os seus libros de banda deseñada, entre os que destacan Trazo de xiz e Ardalén, están traducidos a numerosos idiomas. Ten realizado ademais ilustracións para literatura infantil e xuvenil, prensa e todo tipo de soportes. Colaborou con escritores como Neil Gaiman, Manuel Rivas, Agustín Fernández Paz ou Laura Esquivel. Ten traballado paralelamente en labores relacionados coa animación, para televisión e cinema; así, en 1999 produciu a serie Os vixilantes do Camiño, e en 2006 produciu e dirixiu a longametraxe De Profundis. Desde 1998 dirixe o festival Viñetas desde o Atlántico. É membro de número da Real Academia Galega de Belas Artes.

Obras destacadas

  • O pacto do letargo / El pacto del letargo (cómic), Norma / Retranca, 2020
  • Presas fáciles (cómic), Norma / El Patito, 2016
  • Ardalén (cómic), Norma / El Patito, 2012
  • De Profundis (longam.: dirección), 2006
  • Trazo de xiz / Trazo de tiza (cómic), Norma / El Patito, 1993
  • Quotidianía delirante (cómic), Norma, 1988-1996

Premios

  • Premio da Cultura Galega, Xunta de Galicia, 2015
  • Premio Nacional de Cómic, Ministerio de Cultura (Ardalén), 2013
  • Gran Premio, Salón del Cómic de Barcelona, 2007
  • Premio á Mellor obra, Salón del Cómic de Barcelona, 1989, 1994, 2005
  • Alph’Art «Meilleur album étranger», Festival de la Bande Dessinée d’Angoulême, 1991, 1994