Participantes no encontro «Humor gráfico con tetas»

30 Nov, 2017

Tags: ilustración coruñesa, humor gráfico, actividades, talleres, mesas redondas

Presentamos as participantes nas dúas xornadas do encontro «Humor gráfico con tetas», que terá lugar mañá e o sábado, días 1 e 2 de decembro, na Casa Museo Casares Quiroga (rúa Panadeiras, 12, 15001 A Coruña). A entrada é libre e gratuíta, aínda que o obradoiro do sábado precisa inscrición previa. Máis información sobre o programa, aquí.

 

 

María José Mosquera

 

María José Mosquera

Profesora titular da Universidade da Coruña, na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física, desde 1989. É doutora en Ciencias da Educación e membro do Grupo de Estudos de Xénero, Actividade Física e Deporte da Universidade da Coruña. Foi presidenta e secretaria da AEISAD (Asociación Española de Investigación Social Aplicada al Deporte) entre 1996-2004, e vicedecana de Estudantes e Extensión Univesitaria entre 2005-2013.

Impartirá a charla «Humor e feminismo» e participará na mesa redonda «Humor con tetas».

 

 

Xulia Pisón, por Alberte Peiteavel

 

Xulia Pisón

Gañadora de varios premios de banda deseñada e autora do cartel das festas de María Pita de 2017, o seu fanzine de tiras humorísticas McCactus marcou un antes e un despois no seu traballo, e agora ten varios proxectos relacionados co humor gráfico.

Máis información sobre Xulia aquí.

Participará na mesa redonda «Humor con tetas» e será unha das dinamizadoras do obradoiro «Viñetas con tetas».

 

 

 

María Álvarez Hortas, por Alberte Peiteavel

 

María Álvarez Hortas, ‘Yupiyeyo’

Cursou estudos de ilustración na Escola Pablo Picasso e foi unha das fundadoras do colectivo Miñoco.

Utilizou o humor xa nas súas primeiras historias en formato de cómic, dentro do fanzine Compota de Manatí, e agora prepara un proxecto de humor en clave LGBT chamado ¿Hay alguien ahí?, con historias inspiradas nas súas propias experiencias.

Máis información sobre Yupiyeyo aquí.

Participará na mesa redonda «Humor con tetas» e será unha das dinamizadoras do obradoiro «Viñetas con tetas».

Sira González, por Vanessa Rábade

 

Sira González

Bibliotecaria na Biblioteca Municipal dos Rosales desde 2009, estudou Biblioteconomía e Documentación na Universidade da Coruña.

Forma parte do grupo de traballo das Bibliotecas Municipais da Coruña «Fancómic», e é a responsable da comicteca da biblioteca.

Participará na mesa redonda «Humor con tetas».