Orelí Pello © Pics&Photos
«O que máis me motiva é non deixar de aprender, procurar e experimentar... Superarse e reinventarse. Ser renacentista.»
Deseño de «Teteiras ilustradas» pintadas a man, 2017
Portada da Axenda Científicas galegas, Observatorio da Mariña pola Igualdade, 2016

Nacida en Brest (Francia), e formada en Artes Aplicadas, Filoloxía Hispánica e Ilustración (na EASD Pablo Picasso da Coruña), ten recibido premios en distintos concursos gráficos. Ten participado en eventos artísticos como «Palomas Picasso» na Coruña, e expuxo no MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo) xunto a outras mulleres artistas. O seu primeiro libro ilustrado é Fábulas contadas, con textos de Gonzalo Navaza.

Obras destacadas

  • Fábulas contadas (ilustracións), Xerais, 2020
  • Por elas, por nós, violencias non (campaña publicitaria), Concello de Ribadeo, 2016
  • Imaxe corporativa Clínica dental Martín, Sevilla, 2016
  • Axenda Científicas galegas (portada), Observatorio da Mariña pola Igualdade, 2016
  • Nosoutras (exposición colectiva), Museo Interactivo da Historia de Lugo, 2015

Premios

  • Premio categ. Ilustración, IV Certame das Artes, Club del Mar de San Amaro, A Coruña, 2014
  • Selección «Palomas Picasso», Distrito Picasso da Coruña, 2014