«Non hai nada que comunique mellor que unha boa imaxe; pode ser un bo resumo dun montón de complexidades.»
Graduado en Belas Artes na facultade de Pontevedra, dedícase principalmente á BD, a ilustración e a cartelería. Con ampla rodaxe na autoedición, combinando o seu traballo persoal coa militancia en colectivos como os dos fanzines Taiga e Bosviac, en 2016 participou na antoloxía de cómic Hoodoo Voodoo, da editorial Fosfatina, e en 2017 no volume colectivo Licor café. Colabora tamén na revista Altar Mutante.