Cristian F. Caruncho © Alberte Peiteavel
«O estado actual da ilustración é unha primavera, unha chea de artistas novos entrando con forza.»
Cartel do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, 2019
Portada de Grandarroiba, Demo Editorial, 2019

En 2011 creou o fanzine Historias de Regho Torto. Estudou ilustración na EASD Pablo Picasso e banda deseñada en O Garaxe Hermético (Pontevedra). Ten colaborado con medios como o Diario de Pontevedra, e participou nos volumes colectivos Licor café e O puño e a letra. En 2019 publicou o seu libro de cómic Grandarroiba e realizou o videoclip de animación Semilllas, para Tremenda Jauría e Fermín Muguruza.

Obras destacadas

  • Grandarroiba, Demo Editorial, 2019
  • Campaña gráfica Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, 2019
  • Semillas (clip musical para Tremenda Jauría e Fermín Muguruza), 2019
  • O puño e a letra (cómic), Edicións Xerais, 2018
  • Licor café (cómic), Demo Editorial, 2017
  • Historias de Regho Torto (cómic), autoedición, 2011-2016

Premios

  • 3.º premio Xuventude Crea – Banda Deseñada, 2018
  • 1.º premio, XX Concurso Curuxa Nova, Museo do Humor de Fene, 2016
  • 1.º premio, II Certame Benito Losada de Banda Deseñada (cat. xuvenil), 2013
  • 1.º premio, I Certame Benito Losada de Banda Deseñada, 2012
  • 1.º premio, III Certame de Cómic da Mariña, 2011