Álvaro Dorda
«Para min, a ilustración percíbea a xente con sensibilidade, como a música ou calquera expresión artística.»
«Madonna chill out», do libro Versos on the rocks (Laberinto de Paixóns, 2008)
Sirena coruñesa, ilustración inédita, 2017

Ten realizado portadas de discos para El Beasto Recordings, carteis para as xiras musicais como as de The Flaming Sideburns, The Assassins ou Chris Speeding e murais para El Crápula ou Os Tigres. Ilustrou o seu propio libro de poemas e relatos, Versos on the rocks. Ten colaborado con cómics e viñetas en diversas publicacións, como a revista Caña, Cuakzine ou El Beasto. É un dos colaboradores da novela ilustrada de José Luis Ducid Alerta en el Orzán.

Obras destacadas

  • Alerta en el Orzán (ilustracións), D’N’D, 2020
  • Versos on the rocks (ilustracións), Laberinto de Paixóns, 2008