Cristina Ayala
«Cada vez máis clientes de diferentes sectores buscan a ilustración... pero non valoran o que vale.»
Personaxes ilustrados para a marca Nanos Moda, 2016
Ilustración para Lupita, un rincón de palabras, DiSBO, 2016

Deseñadora gráfica, estudou na Escuela de Artes y Oficios de Madrid e cursou un mestrado audiovisual en Trazos (Madrid). Ten traballado na creación de naming e marcas para empresas do sector téxtil (Nanos Moda, Inditex), de restauración (Bluesockhostels, Spoom) e editoriais. Tamén ten feito animación e grafismos para audiovisual e deseño web. Desde a marca DiSBO produce os seus propios produtos de ilustración aplicada e editou o seu conto ilustrado Lupita, un rincón de palabras.

Obras destacadas

  • Lupita, un rincón de palabras (ilustracións), DiSBO, 2016

Premios

  • Selección Premios Eganet, categ. Comunicación web corporativa, 2007