«A ilustración aluma novas profundidades e significados no ilustrado, ao tempo que perfila o suxerido nel.»
Licenciado en Dereito, o seu traballo como ilustrador esténdese a distintos campos como a ilustración publicitaria e a ilustración aplicada, ademais de encargos de ilustración científica, deportiva ou de poesía, e tiras cómicas e cómic en diferentes publicacións. Actualmente concentra a súa actividade no proxecto Deportivismo Ilustrado, sobre a historia do Real Club Deportivo da Coruña.