José Domingo © Alberte Peiteavel
«A ilustración abrangue desde o pragmatismo ata a emoción, inspira, abre a mente e fainos ver outras formas de mirar.»
«Studio Dreams», para o n.º 10 da revista Nobrow, 2018
Pablo & Jane en la dimensión de los monstruos, Astiberri, 2015

Foi deseñador de personaxes e debuxante de storyboards e fondos en diversos filmes de animación, como Psiconautas. Membro do Colectivo Polaqia, en 2008 publicou a BD Cuimhne: El fuego distante, con Kike Benlloch. Aventuras de un oficinista japonés valeulle o Premio á Mellor obra nacional do Salón de Barcelona e unha candidatura aos Premios Eisner 2014. Pablo & Jane en la dimensión de los monstruos foi o seu primeiro achegamento ao álbum infantil. Ten colaborado con publicacións como Yorokobu ou El País e ten feito ilustración publicitaria para empresas como Kutxabank. Nos últimos anos dedícase ao mundo dos videoxogos.

Obras destacadas

  • No me hables de política (ilustracións), Montena, 2017
  • Pablo & Jane en la dimensión de los monstruos (cómic/ilustracións), Flying Eye Books / Astiberri, 2015
  • Psiconautas (longam.: fondos), Zirzcozine/Basque Films, 2015
  • Trazers (logotipo, gráfica e campaña publicitaria animada), 2015
  • Conspiraciones (cómic), Astiberri, 2013
  • Aventuras de un oficinista japonés (cómic), Bang Ediciones / Nobrow Press, 2011, reed. Astiberri, 2017

Premios

  • Candidato a «Best U.S. Edition of International Material», Eisner Awards (Adventures of a Japanese Businessman), 2014
  • Premio á Mellor obra, Saló del Còmic de Barcelona (Aventuras de un oficinista japonés), 2012