PAULA ESTEBAN © Alberte Peiteavel
«Hai que pensar! Un bo traballo de ilustración non é só un acabado estético.»
Páxina para O puño e a letra, sobre un poema de Yolanda Castaño, 2019
Cómic para Licor café, Demo Editorial, 2017

Estudou Deseño Gráfico e Ilustración na EASD Pablo Picasso da Coruña e Grafismo e cómic en L’École Supérieure des Arts Saint-Luc de Liexa (Bélxica). Editou os fanzines No te Agarres la Cabeza, Las aventuras de Frisby & Trisky. Red bricks e Monguis. Forma parte do Colectivo Miñoco, e ten participado en publicacións como Fanzine Chachi, Autozine ou Miñoco Fanzine, e en diversas exposicións. Colaborou nos volumes colectivos Licor café e O puño e a letra.

Obras destacadas

  • Nai dos Desterrados (cómic), Amnistia Internacional A Coruña, 2017-2020
  • O puño e a letra (cómic), Edicións Xerais, 2019
  • Monguis (cómic), con Diego Burdío, autoedición, 2018
  • Licor café (cómic), Demo Editorial, 2017
  • Red bricks (cómic), autoedición, 2017
  • Las aventuras de Frisby & Trisky (cómic), autoedición, 2015