YAGO GR © Alberte Peiteavel
«Seguramente, o que máis me motiva no meu traballo é o imprevisible que pode chegar a ser o resultado.»
Jasmine. Proxecto persoal, 2018
Royal. Inédita, 2015

Desde o ano 2008 traballa como ilustrador freelance para un amplo abano de clientes: ilustración infantil e xuvenil, deseños para videoxogos, banda deseñada, cartelería e deseños para proxectos musicais, entre outros. No ano 2010 obtivo o Premio Extraordinario de Ilustración da EASD Pablo Picasso da Coruña e pasou a formar parte do estudio de ilustradores Baobab, na mesma cidade. En 2016 creou cuns socios a marca Quenindiola. Nos últimos anos ten realizado traballos para Vodafone, Estrella Galicia, Feiraco e Mercadona, o que compaxina coa impartición de obradoiros e cursos de debuxo e creatividade.

Obras destacadas

  • FA (disco de Susana Seivane) (ilustración), 2019
  • Cartel da Festa do Queixo de Arzúa (ilustración), 2018
  • Etiquetas 110 Aniversario Estrella Galicia (ilustracións), 2016
  • Campaña de Vodafone «Vodafone Yu» (ilustracións), 2012
  • Os libros de Merlín (ilustracións), Xerais, 2012
  • Zodiaque – Le piége du bélier, vol. 1 (cómic: color), Delcourt, 2011

Premios

  • Premio Rozas Joven, XIII Certamen de Cómic Las Rozas, 2012
  • Premio Extraordinario do Ciclo de Ilustración, EASD Pablo Picasso, A Coruña, 2011
  • 1.º premio, IV Certame de BD OMIX Valadouro, 2010
  • 1.º premio, XI Certamen de Cómic Las Rozas, 2009