TXEMA MORA © Alberte Peiteavel
«Ilustrar consiste en solucionar visualmente problemas que comuniquen unha idea, e que, á vez, introduzan un factor de distinción.»
Ilustración finalista do concurso de portada de Yorokobu, 2015
Ilustración persoal inédita, 2018

Licenciado en Dereito, fixo un mestrado en Infografía (CEV, Madrid, 1994) e outro en Técnicas Multimedia (Tracor Arts School, Madrid, 1996). Foi consultor de Apple España e profesor do Istituto Europeo di Design. Traballou para as axencias Ogilvy, eOne, Maxan, Neo e DNA, e actualmente ten o seu propio estudio.

Obras destacadas

  • Identidade gráfica da Media Maratón da Coruña, Concello da Coruña, 2017
  • Campaña de proximidade de Estrella Galicia (ilustracións), 2015
  • Identidade gráfica de El Huerto, 2015
  • Cerveza de Bodega de Estrella Galicia (ilustracións), 2014

Premios

  • Finalista do concurso para a portada da revista Yorokobu, 2015