BRAIS RODRÍGUEZ © Alberte Peiteavel
«A ilustración déixanos percibir aquilo que non se pode ver doutra maneira.»
Ilustración inédita, 2020
Ilustración inédita, 2020

Estudou Belas Artes en Pontevedra, e debuxa cómics desde entón. Ten publicado en diferentes fanzines e revistas, como Barsowia, Fanzine Enfermo ou O Botafumeiro. Publicou a versión en banda deseñada da obra de Vidal Bolaño Doentes, e gañou o Premio Castelao da Deputación da Coruña pola súa historia A man do diaño. En 2020 participou con exposición no festival de BD alternativa Formula Bula (París).

Obras destacadas

  • Sombra (cómic), autoedición, 2017
  • La gente del perro (cómic), Carne Líquida, 2012
  • A man do diaño / La mano del diablo (cómic) Demo / Astiberri, 2011
  • Doentes (cómic) Asoc. Cult. Entre Bambalinas, 2009

Premios

  • Selección, Concurso Propuestas, Vegap, 2011
  • Premio Castelao de Banda deseñada, 2010
  • Premio Injuve de Cómic e Ilustración, 2010
  • Premio GZ Crea Banda Deseñada, 2009
  • I Certame Galego de Cómic sobre Teatro, 2009