MARTÍN ROMERO © Alberte Peiteavel
«A clave é unha boa idea que comunique o que se quere transmitir e unha realización clara, con forza, e bonita, a poder ser.»
 Portada de Pinocho, Austral, 2017
Ilustración para Breve historia del tándem, serie de serigrafías, Vidas de Papel, 2012

Estudou deseño gráfico na Escola Ramón Falcón de Lugo e ilustración na Escola Massana de Barcelona. Traballou con revistas como El País Semanal, Rolling Stone ou Vice. Realizou traballos de publicidade con clientes como Seat; creou a imaxe gráfica e o deseño do grupo The New Raemon, así como doutros clientes como Lolacool. Ilustrou libros xuvenís coa editorial francesa Le Rouergue. Traballou na película de animación Psiconautas, de Alberto Vázquez, e dirixiu a curtametraxe animada La noche. Varias das súas obras foron publicadas tanto en Francia como en España.

Obras destacadas

  • Uxío (cómic), Astiberri, 2020
  • La noche (curtam.: dirección), Uniko, 2018
  • La deuda (cómic), La Cúpula, 2017
  • Episodios lunares (cómic), Vidas de Papel / Reino de Cordelia, 2013-2015
  • Breve historia del tándem (ilustracións), Vidas de Papel, 2012
  • Las fabulosas crónicas del Ratón Taciturno (cómic), Sins Entido / Apa Apa, 2011

Premios

  • Premio Castelao de BD, modalidade Infantil e xuvenil (Uxío), 2019
  • Seleccionado, Concurso Propuestas, Vegap / Espacio Z, 2014
  • Beca Alhóndiga de Bilbao a la creación, Maison des Auteurs de Angoulême, 2010
  • Premio GZ Crea de Banda Deseñada, 2008
  • Premio Injuve de Cómic, 2007