ROQUE ROMERO © Alberte Peiteavel
«A ilustración é unha forma de comunicación accesible por todo o mundo, independentemente de linguas, credos, culturas ou recursos.»
Monster is People. Inédita, 2015
Weird City Coda. Inédita, 2010

Licenciado en Belas Artes na especialidade de Deseño e Audiovisuais. Traballou como deseñador, ilustrador, animador e maquetador para a empresa Imaxín (Santiago de Compostela), e como desenvolvedor de contidos para Netex (A Coruña). Ten colaborado en revistas como Barsowia (Polaquia), Covra (Ediciones Valientes) ou Island (Image Comics), e nos volumes colectivos Hundlebert Syndrome e Transdimensional Express (Ultrarradio). Foi deseñador e ilustrador de produto para Barbamigos.com.

Obras destacadas

  • Darker Forts (xogo de rol: ilustracións), Donovan Caldwell, 2020
  • Altar Mutante (cómic), 2014-2017
  • La monstruoteca (ilustración), Barbamigos, 2014
  • Zooloco / Zoo Zoroa (videoxogo), Elhuyar Fundazioa / Imaxin Software, 2009
  • Clmntk: O xogo (videoxogo), 2008
  • Polaqia’s Sketchbook 2 – Roque Romero (ilustracións), Polaqia, 2008

Premios

  • Premio de Cómic, Propuestas 2015, Vegap / Z Espacio Cultural Ignacio Zuloaga, 2015
  • Accésit, Concurso Creación Joven – Cómic, Madrid, 2006
  • Accésit, Certame Galego de Banda Deseñada, con Diego Blanco, 1999