Xosé Cobas
«O que máis me motiva nesta profesión é converter a fugacidade da creación nun acto perdurable.»
Ilustración do libro Lendo lendas digo versos, Xerais, 2015
Ilustración para a portada do libro A illa de todas as illas, Xerais, 2013

Procedente do mundo da pintura (tivo a primeira exposición individual en 1977), compaxinou a pintura co deseño gráfico e a ilustración en prensa (La Voz de Galicia, 1981-1993), revistas e libros. A partir de 1988 centrou a súa actividade como ilustrador na literatura infantil e xuvenil, e hoxe en día ten publicados máis dun cento de libros nese campo, en editoriais galegas, españolas e estranxeiras. Desde 1991 é o deseñador gráfico da Deputación da Coruña. Formou parte da creación e estivo no grupo de redacción da revista internacional de arte e literatura infantil e xuvenil Bloc. Entre 1983 e 2008 foi comisario no Certame de Pintura Concello de Cambre.

Obras destacadas

  • A casa da luz (longam.: deseño conceptual), 2008
  • Cartel Feiras do Libro de Galicia, Xunta de Galicia, 2006
  • Cartel I Congreso Iberoamericano de Voluntariado, 1999

Premios

  • Premio Xosé Neira Vilas, 2014
  • Premio Isaac Díaz Pardo, 2008
  • Gourmand World Cookbook Awards, Estocolmo, 2004
  • White Ravens, Múnic, 2003 e 2005
  • Premio FETEN ao mellor libro de teatro ilustrado, 2002