Sekone © Alberte Peiteavel
«Un bo ilustrador non ten por que ser un gran debuxante; un bo debuxante no ten por que ser un grande ilustrador.»
Girando discos. Cartel para a sesión Pratos da Noite en Barbería Bar (A Coruña), 2018
Facemos comunidade. Cartel para o Concello da Coruña, 2018

Nacido en Vilagarcía de Arousa e afincado na Coruña, traballa en diversos campos, como a ilustración, o muralismo ou o deseño gráfico téxtil. Ten participado en certames como Desordes Creativas (Ordes), Rexenera Fest (Carballo) ou Mulacity (Xetafe) e traballou como deseñador para o grupo Inditex. Actualmente compaxina o seu traballo como ilustrador independente coa súa carreira como artista plástico.

Obras destacadas

  • Exposición ¿Qué está pasando?, Galería Monty4, A Coruña, 2015
  • Exposición El mayordomo está de vacaciones, The Room, A Coruña, 2013
  • «800 aniversario da Coruña», viaduto San Pedro de Mezonzo (murais), A Coruña, 2009
  • Parking edificio BCA28 (murais), A Coruña, 2008