«A clave para un bo traballo de ilustración está na comunicación entre o cliente e mais o ilustrador.»
Estudou na Escola Pablo Picasso; traballou para editoriais como Espiral Maior ou Letras de Cal, e despois no mercado musical, publicitario e audiovisual, con clientes como Universal, Fernandes Guitars, Campari, JTI, Thierry Mugler ou The Music Sales Group. Cursou un mestrado de tipografía con Jonathan Barnbrook e traballou en proxectos como o Museo Mystetskyi Arsenal en Kiev (Ucraína) ou o Resolution (Irlanda do Norte). Foi director artístico da revista dixital O Botafumeiro. Ten realizado traballos de cartelismo, titulación de créditos, animación e deseño conceptual en varias longametraxes, e o projection mapping para o restaurante Òpera Samfaina (de El Celler de Can Roca), en colaboración con Franc Aleu.