«Hoxe, a ilustración recorda que a arte de verdade é cousa seria.»
Ten feito humor gráfico, caricatura e ilustración en Ferrol Diario, El Ideal Gallego, La Región, La Voz de Galicia, Diario de León, Diario 16 e varias publicacións galegas. En 1983 elaborou con Xaquín Marín un manifesto en defensa do humor, que conseguiu a revalorización do traballo do humorista gráfico e o caricaturista na prensa, ademais de dar lugar ao nacemento do Museo do Humor de Fene. En 1990 deseñou a Praza do Humor da Coruña. Entre 2000 e 2002 coordinou Xatentendo.com, suplemento de humor de La Voz de Galicia. Para este diario publicou nos últimos anos as seccións ilustradas «Imaxes da Transición» e «Puntadas sen fío».