Josiño Souto Santé © Alberte Peiteavel
«Encántame que o cliente desfrute e valore o meu traballo. Noutros ámbitos non ocorre.»
«O oso Yuri» (inédita). Da serie Animaladas, 2011
«A Coruña. Noche Blanca 3 de junio», Asociación Zona Comercial Obelisco, 2013

Estudou Arquitectura Técnica, e, despois de traballar uns anos no mundo da construción, cursou o ciclo de Ilustración na Escola Pablo Picasso da Coruña. Ten realizado traballos de ilustración e deseño para a produtora audiovisual Formato Producciones, a editorial Primerapersona, a ONGD Viraventos, a Asociación Zona Comercial Obelisco, a Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra, o periódico El Entorno Metropolitano e os grupos de música Fracasados de Antemano, Voodoo Project e Los Zorros.

Obras destacadas

  • Cartelería para a Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo, 2017-2019
  • El Entorno Metropolitano (viñetas), 2015
  • Guía de viaxes (ilustracións), Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra, 2015
  • Diáspora (CD, ilustracións), Fracasados de Antemano, 2014
  • Cartel «Noche Blanca», Asociación Zona Comercial Obelisco, 2013
  • Chusco, un can vagabundo (ilustracións), Primerapersona, 2012

Premios

  • Selección, Congreso Internacional «Ilustrando a diversidade» (proxecto Animaladas), Universidade de Santiago, 2012