«As sociedades futuras analizarannos a través da arte que lles deixemos, e será a vara de medir para nos contextualizar.»
Dedicado ao mundo da animación por computadora, realizou curtametraxes como El club del bromista, Pinkoo ou Afterwork, gañadoras de premios como o Mestre Mateo ou Mundos Digitales, e que foron seleccionadas en festivais de todo o mundo, como Pictoplasma Berlin, 3DWire ou Annecy. Tamén ten realizado campañas publicitarias como animador e previz artist para Magnum, McDonald’s ou Boehringer, e ten desenvolvido o labor de supervisor de layout de animacións para series como Altered Carbon ou Catch-22 e longametraxes como Triple Frontier, Underwater ou The Kid Who Would Be King.