Alberto Vázquez © Alberte Peiteavel
«A ilustración na actualidade: moita cantidade, bastante calidade, pouco traballo e pésimos prezos.»
Imaxe promocional de Decorado, curtametraxe de animación. Uniko Producciones, 2015.
Cartel de Psiconautas, longametraxe de animación. Zircozine, Basque Films, 2015.

Director de cinema de animación, ilustrador e debuxante de cómics. Os seus libros foron publicados en España, Francia, Italia, Brasil e Corea. Como ilustrador de prensa ten traballado regularmente en publicacións como El País, La Voz de Galicia, Communication Arts ou Boston Globe. Como director, os seus traballos conseguiron tres Premios Goya (á mellor curtametraxe de animación por Birdboy e por Decorado, e á mellor película animada por Psiconautas). Gañou máis de 60 premios internacionais e a súa obra ten sido exhibida en prestixiosos festivais en todo o mundo, como Annecy, Clermont-Ferrand, Animafest Zagreb ou Slamdance.

Obras destacadas

  • Homeless Home (curtam.), 2020
  • A caza / La caza (cómic), Deputación da Coruña / Astiberri, 2020
  • Decorado (curtam.), 2016
  • Psiconautas (longam.), 2015
  • El evangelio de Judas (cómic), Astiberri 2010
  • Psiconautas (cómic), Astiberri, 2006

Premios

  • Mellor curtametraxe, Festival de Annecy (Homeless Home), 2020
  • Sección Zabaltegi, Festival de San Sebastián (Psiconautas), 2015
  • Best Experimental Animated Short, Chicago Film Fest (Sangre de unicornio), 2013
  • Premios Goya (Birdboy, Psiconautas, Decorado), 2012 / 2017
  • Premio do público – Mellor debujo, Salón del Cómic de Barcelona (El evangelio de Judas), 2008