«O estado da ilustración é crecente en aceptación, uso e profesionalización, pero tirado por tendencias.»
Cursou Belas Artes en Valencia. Ten colaborado en revistas e fanzines nacionais e internacionais, como 2000AD, Xiulit, Nimio ou Sacoponcho. Publicou os libros de banda deseñada Anna Dédalus: El misterio de la mansión quemada, con M. Á. Giner Bou e Núria Tamarit, Duerme pueblo, con Núria Tamarit, e as dúas primeiras partes da triloxía Sello de dragón, con Manuel Gutiérrez. En 2020, o Consello da Cultura Galega encargoulle adaptar a historia de Elisa e Marcela a banda deseñada.