PILAR MARCÓ © Alberte Peiteavel
«O cliente perfecto é concreto no briefing e aberto á sorpresa. E consciente de que non podes lerlle a mente.»
Cartel promocional para Nave 1839, 2019
Ilustración inédita, 2020

Licenciouse en Belas Artes e especializouse en Ilustración na Escola Massana de Barcelona. Centrada no sector da animación e a ilustración, explora tamén a autoedición como campo creativo. O seu traballo ten sido exposto en París, Barcelona, Nova York, Bilbao, Madrid ou Buenos Aires, e ten colaborado con entidades como Estrella Galicia, Women’Secret ou a Generalitat de Catalunya.

Premios

  • Premio Junceda Futuros Creadores, 2013
  • Finalista Premio Junceda Animación, 2013
  • IX Premio de Ilustración Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez, 2012
  • Selección AI-AP LatinAmerican Illustration 5 (Nova York), 2006