«A ilustración son imaxes, e é difícil concibir unha cultura sen imaxes.»
Estudou o bacharelato artístico na Coruña, e graduouse en Belas Artes pola Universitat Politènica de Valencia. Ilustrador freelance, foi un dos impulsores do fanzine Sacoponcho. Ten colaborado cos seus cómics en publicacións como Arròs Negre, Mañana ou Ex Mag. En 2020 dirixiu e animou o videoclip musical When I Grow Up, da cantante estadounidense Yaeji, para a discográfica XL Records.