Pode accederse gratuitamente á versión en PDF descargable

Dispoñible o catálogo da exposición ‘Desde Coruña con humor’

14 Mar, 2018

Tags: ilustración coruñesa, humor gráfico, actividades, exposición, catálogo

Está xa dispoñible para descarga a versión dixital do catálogo da exposición Desde Coruña con humor. Quen non conseguise un exemplar da versión impresa do catálogo da exposición de humor gráfico coruñés mentres estivo colgada na Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga pode acceder agora ao arquivo PDF (5,5 MB) que está aloxado neste mesmo sitio web.

O catálogo conta con obras de Manel Cráneo, Miguel Cuba, Guitián, Santy Gutiérrez, Jano, Antón Lezcano, Pepe Mansilla, Roberto Martínez Soler, Pinto e Chinto, Xulia Pisón, El Primo Ramón, Rodouyeha, Martín Romero, Calros Sivar, Siro, Josiño Souto Santé, Álvaro Valiño e Yupiyeyo, e con textos introdutorios de José Manuel Sande, Manel Cráneo e Henrique Torreiro. 

Súmase así un novo documento á zona de publicacións dixitais do proxecto Coruña Gráfica, que contaba ata agora coas guías de ilustradores e ilustradoras en versión galega/castelá e en versión inglesa.