«100 anos da bandeira galega no Palacio Municipal da Coruña»

30 Xuñ, 2021

A mostra 1921-2021. 100 anos da bandeira galega no Palacio Municipal da Coruña achéganos a este fito histórico a través da ilustración. A primeira parte da mostra está composta por dúas bandas deseñadas a cargo dos guionistas Manuel López Poy e Manel Cráneo (co asesoramento do historiador Xosé Alfeirán), e os ilustradores Alberto Taracido e Rubén Rial. A segunda parte é unha selección de ilustradores e ilustradoras, principalmente da plataforma Coruña Gráfica, que ofrecen a súa homenaxe artística de xeito desenfado e actual. Partindo do símbolo icónico, cada un deles dá a súa visión persoal da bandeira e dos diversos contextos en que se pode encontrar, prestando especial atención a algúns elementos propios da identidade galega. Os participantes son: Branda, Uxío Broullón, Aurora Cascudo, Iria do Castelo, Miguel Cuba, Alberto Díaz, Brais Fierro, Héctor Francesch, Alberto Guitián, Uxía Larrosa, Antón Lezcano, Jorge Peral, Perdivel, Xulia Pisón, Javier de la Rosa, Irene Sanjuán, Luis Sendón e Calros Silvar.

Tags: ilustración, ilustración coruñesa, banda deseñada,

Exposición ‘Grafismos da pandemia’

17 Dec, 2020

Grafismos da pandemia é a primeira mostra totalmente en liña que ofrece a plataforma Coruña Gráfica; unha galería virtual que recolle medio centenar de obras de 24 artistas de diferentes disciplinas, repartidas en obra gráfica e animación audiovisual. Todas elas xiran arredor da Covid-19, un testemuño gráfico da pandemia en que cada artista expresa con liberdade diferentes aspectos desta con distintos tons que van desde a poesía visual ata o humor gráfico.

Chega a edición 2020 de Coruña Gráfica

15 Nov, 2020

Coruña Gráfica, censo e directorio de profesionais da ilustración gráfica no ámbito metropolitano da Coruña, cumpre 5 anos, e axiña presentará nova programación para celebralo. Este ano, por motivos de seguridade, preparamos o 100% das actividades en liña. Para comezar, o programa Treboada creativa online chega hoxe mesmo a través da nosa canle de Youtube.

Tags: ilustración, ilustración coruñesa, banda deseñada, humor gráfico, animación

Vídeo resumo de Medicina Gráfica

27 Nov, 2019

Xa pode verse o vídeo que resume os tres días de actividades do ciclo Medicina Gráfica, con imaxes de varias das magníficas intervencións que compuxeron o programa.

Tags: ilustración, ilustración coruñesa, banda deseñada, BD e saúde, exposición, mesas redondas, charlas,

Os participantes no ciclo Medicina Gráfica

06 Nov, 2019

Autores e autoras de banda deseñada que contan as súas experiencias persoais como pacientes, e tamén como médicos, e profesionais da medicina que promoven edicións ou o emprego da banda deseñada para difundir conceptos médicos son os perfís dos convidados ao ciclo Medicina Gráfica.

Tags: ilustración, ilustración coruñesa, banda deseñada, BD e saúde, exposición, mesas redondas, charlas,

Preséntase o ciclo Medicina Gráfica

31 Out, 2019

A Domus acolle do 6 ao 8 de novembro, dentro do proxecto Coruña Gráfica, o ciclo Medicina Gráfica. As actividades inclúen proxeccións, mesas de debate, unha exposición, un obradoiro e a publicación dun libro, e céntranse na nova corrente científica que usa a banda deseñada como terapia e medio divulgativo sobre os temas relacionados coa saúde.

Tags: ilustración, ilustración coruñesa, banda deseñada, BD e saúde, exposición, mesas redondas, charlas,

Dispoñible o catálogo da exposición ‘Desde Coruña con humor’

14 Mar, 2018

Está xa dispoñible para descarga a versión dixital do catálogo da exposición Desde Coruña con humor.

Tags: ilustración coruñesa, humor gráfico, actividades, exposición, catálogo

Vídeo resumo do ciclo «Desde Coruña con humor»

06 Mar, 2018

Xa está dispoñible o vídeo que serve de resumo do ciclo «Desde Coruña con humor», desenvolvido dentro do programa Coruña Gráfica entre novembro de 2017 e xaneiro de 2018.

Tags: ilustración coruñesa, humor gráfico, actividades, exposición, talleres, mesas redondas, charlas

Últimos días para visitar ‘Desde Coruña con humor’

26 Xan, 2018

A exposición Desde Coruña con humor, que foi inaugurada o pasado 30 de novembro no Centro Cultural Salvador de Madariaga, clausurarase o próximo mércores, 31 de xaneiro. 

Tags: ilustración coruñesa, humor gráfico, exposición

Participantes na «Xornada de humor inocente»

23 Dec, 2017

Repasamos brevemente as traxectorias dos participantes na Xornada de humor inocente, que terá lugar no Centro Ágora o próximo día 28, a partir das 18:00, dentro das actividades paralelas da exposición Desde Coruña con humor. A entrada é libre e gratuíta.

Tags: ilustración coruñesa, humor gráfico, actividades, charlas, mesas redondas